Visitas guiadas ao Colexio

Ven a coñecernos!

Admisión curso 2020/2021

Información e solicitude

Admisión 2019/2020 Bacharelato

Consulta toda a información

 

Proceso admisión 2020/2021

Toda a información sobre o procedemento de admisión para o curso 2020/2021

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes de admisión de alumnado novo do 11 ao 18 de maio, ambos días incluídos. 

Horario: 9:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00

Para calquera información: secretariasantiago@sallep.net

Actualizado: 6 de mayo de 2020

Información e solicitude

 


Circulares 2019/2020

Consulta as distintas circulares do centro para o curso escolar 2019/2020.

Actualizado: 15 de abril de 2020

Consultar circulares

English Corner

Os idiomas son un dos aspectos máis importantes na educación.

Certificación Cambridge

Información

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet

Portada

Roteiro das Letras Galegas

Este xoves o alumnado de 6° de Educación Primaria, participamos con outros centros no Roteiro das Letras Galegas.

Foi un paseo por lugares emblemáticos da nosa cidade ata chegar á Alameda e as figuras de Ricardo Carvalho CaleroRosalía de Castro, figuras ambas moi importantes da nosa cultura. 

Roterio das Letras Galegas
 

 

Visita da cadela Albina do Refuxio de Bando

Refuxio de BandoFai unhas semanas recibimos a visita de Albina, unha cadela de 4º ano residente do Refuxio de Bando. Contounos a súa historia e a dos seus amigos no refuxio e que todos están agardando familias para ter un fogar e ser felices. Tamén nos contou que coidados precisa, tales como pasear, comer, visitas ao veterinario, xogar, beber... portouse moi ben e gustounos poder darlle  os agarimos que tanto lle gostan.

Desexamos que teña moita sorte e atope moi rápido un fogar onde a queiran e a coiden. O máis importante que temos que recordar todos é que os animais non son xoguetes.

 

Visita Refuxio de Bando
 

 

Programa educativo de Aqualoxía de Viaqua

O alumnado de 3.º de Educación Primaria, despois de recibir unha charla no colexio, visitou a ETAP (estación de Tratamento de Auga Potable)  do polígono do Tambre e o EDAR (estación depuradora de augas residuais) de Aríns co programa educativo de Aqualoxía de Viaqua.

Estas visitas servíronnos para coñecer e concienciarnos sobre a importancia da auga e do medio ambiente así como do ciclo urbano da mesma.

Para rematar a visita agasalláronnos cunha botella metálica reutilizable e uns caramelos.

Aquoloxía
 

 

Semana dos Dereitos Humanos e dos Nenos + Día da Discapacidade

Con motivo tanto da Semana dos Dereitos dos Nenos como da Semana dos Dereitos humanos e querendo celebrar cos nosos alumnos o día da Discapacidade, invitamos a Vicky para falarnos da súa vida nunha cadeira de rodas. Acudimos a coñecela os alumnos de 6.º de Eduación Primaria e de 1.º da ESO.

Vicky que é licenciada en Dereito e funcionaria de escala superior de finanzas da Xunta. Ademais de esquiadora adaptada sendo o seu mellor resultado unha prata nun campionato de España.

Queremos agradecerlle a súa dispoñibilidade e o seu testemuño, que nos achega  unha realidade que nos era descoñecida. Isto daranos elementos para poder ser críticos cunha sociedade que moitas veces pon atrancos ou non se lembra as persoas con capacidades diferentes.

Graciñas, Vicky!

Charla discapacidade
 

 

Visita de Arquitectura Sin Fronteras

Champerico - Proyde e Arquitectura sin FronterasNo mes de decembro os alumnos de 5º de Educación Primaria tiveron a sorte de escoitar de primeira man como segue o proxecto que xunto con PROYDE están levando a cabo en Champerico Arquitectura Sin Fronteras.

Na sesión de despois do recreo explicáronlle en que fase están do proxecto e viron un documental sobre o mesmo.

Queremos agradecer tanto a PROYDE e a Arquitectura Sin Fronteras a oportunidade de escoitar como axudan a promoción da educación e de entorno máis agradables e respectuosos co medio ambiente.

Visita dos alumnos de 2.º Ed. Primaria ao Museo de Historia Natura

O mércores 6 de novembro, os alumnos de 2.° de Educación Primaria, tiveron a oportunidade de visitar o Museo de Historia Natural (mhn) da Universidade de Santiago de Compostela. O alumnado, xunto co profesorado que o acompañaba, puido disfrutar dunha mañá moi especial que rompeu coa rutina diaria. Foi moi emocionante poder vivenciar moitos dos contidos científicos traballados nas aulas segundo iamos recorrendo as diferentes salas do museo.

Os nenos e nenas observaron de preto a fauna e flora galega. Abraiáronse ante a magnífica representación de distintos ecosistemas, e buscaban con entusiasmo o nome dos diferentes elementos que conforman os mesmos. Realizaron un traballo de investigación en toda regra. E que mellor que espertar a súa curiosidade a través de novas experiencias para que constrúan o seu coñecemento ao mesmo tempo que se divirten e conviven entre eles.

Repetiremos pronto!

 

Museo de Historia Natural
 

 

V Certame de Tarxetas de Nadal de Manos Unidas

Dúas alumnas do noso colexio resultaron gañadoras no V Certame de Tarxetas de Nadal organizado por Manos Unidas durante o Nadal Solidario. A exposición de todas as tarxetas púdose visitar na Biblioteca Ánxel Casal do venres, 20 de decembro do 2019 ao Martes 7 de xaneiro do 2020.

Queremos darlles un gran en hora boa a:

Elena Novo Moreira da clase de 1.º B de Ed. Primaria, premio na súa categoría

Irene Rico Díaz de 3.º A de Ed. Primaria cunha mención especial no concurso.

Grazas a todos e todas por participar e facer colexio xuntos, este é o verdadeiro espíritu do nadal.

 

Argallar e alumnos de 3.º Ed. Primaria na Cidade da Cultura

En Outubro o alumnado de 3.º de Educación Primaria foi de visita ao Gaiás Cidade da Cultura a exposición Argallar. Argallar é un grande artefacto de compendio de xogos a partir da arquitectura. Os rapaces e as rapazas puideron gozar dunha xornada diferente creando e manipulando diferentes estruturas arquitectónicas empregando así a súa imaxinación e a súa capacidade de traballo en equipo. Sen lugar a dúbida unha nova experiencia de bo agrado para o alumnado.

Argallar na Cidade da Cultura
 

 

Bibliopatio en marcha!

Este curso chegou aos nosos recreos a “bibliopatio” cargada de libros e xogos, para eses poucos días de choiva que temos ao longo do ano. 

A finalidade desta iniciativa é favorecer a participación de todas e todos nun tempo de disfrute tan importante como é o recreo escolar. Incluímos unha selección de xogos grupais que favorecen as relacións sociais, a creatividade, o respecto e a cooperación. Ademais, grazas á colaboración da biblioteca colexial, dispoñemos de  diversos libros para aqueles que prefiran un tempo de lecer máis tranquilo e persoal.

E para mostra un botón…

 

Bibliopatio
 

 

110 cabazas para celebrar o Samaín

Xa van unhas semanas alá, e aínda se escoitan os ecos de asombros de moitos dos que puidemos gozar das 110 cabazas resultado de familias e alumnos de Educación Primaria para celebrar o Samaín e Halloween.

Sinistras, alegres, cheas de cor e luz... todas moi diferentes esperando acaparar todas as miradas. E ben que o lograron!

Aquí tedes un recordo de aquelas!

Cabazas no Samaín
 

 

Orientaline

Calendario 19/20

La Salle Formación Profesional (FP)

La Salle Formación Profesional (FP)

Comedor Escolar

Menú escolar con información sobre alérxanos.

Marzo 2020

Recomendacións para unha alimentación saudable.

Consellos alimentación

LER MÁIS NOTICIAS

SEGUIR A LER




Este sitio utiliza cookies técnicas e de rendemento. Pulse a ligazón "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre as nosas cookies.