Visitas guiadas ao Colexio

Ven a coñecernos!

Admisión curso 2020/2021

Información e solicitude

Semana Proyde

Día do Bocata - Unha Cea Diferente

Exposición: Mulleres do cambio

Información Documento base 19/20

Admisión 2019/2020 Bacharelato

Consulta toda a información

 

Proceso admisión 2020/2021

Toda a información sobre o procedemento de admisión para o curso 2020/2021

Segundo as instrucción da Consellería de Educación, amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará unha semana despois do reinicio das clases. 

Para calquera información: secretariasantiago@sallep.net

Actualizado: 16 de marzo de 2020

Información e solicitude

 


Circulares 2019/2020

Consulta as distintas circulares do centro para o curso escolar 2019/2020.

Actualizado: 23 de marzo de 2020

Consultar circulares

English Corner

Os idiomas son un dos aspectos máis importantes na educación.

Certificación Cambridge

Información

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet

Enma Combo, de 2º de Bacharelato, gaña o 3º premio na 48ª edición dos Premios Minerva

Premios Minerva 2020 Tal como contemplaban as bases, o sábado 7 de marzo deuse a coñecer o fallo da edición dos Premios Minerva convocados polo Colexio Manuel Peleteiro e nacidos no ano 1963 e que xa camiñan cara o se cincuentenario. Destinados desde o seu nacemento a fomentar o talento literario e a paixón creador da xente moza, está agora destinados a todos os escolares de Galicia estudantes de Secundaria e Bacharelato nas modalidades de poesía e prosa.

Na edición deste ano, a cuadraxésimo oitava, o xurado decidiu premiar co terceiro premio, o relato da nosa alumna Enma Combo titulado “Berros metálicos”. A entrega de premios terá lugar o próximo 2 de abril nun solemne acto no propio colexio organizador e que contará coa presenza, como todos os anos, dun afamado escritor galego.

Berros metálicos” é un estarrecedor canto á liberdade dunha protagonista presa da súa realidade e dos seus soños nunha sociedade que non tolera ningún tipo de ameaza á súa orde natural. Os disidentes, os diferentes, os “laranxas” de Enma hai que agrilloalos, encarceralos e facelos desaparecer. 

Escrito cunha linguaxe moi coidade e cun notable dominio da lingua, con este relato a nosa alumna Enma Combo dá o salto á letra impresa xa que o texto aparecerá recollido, xunto do resto dos gañadores, nun volume colectivo que verá a luz cando se convoque a nova edición destes premios que no seu día gañaron ilustres consagrados como Suso de Toro ou Xabier Queipo.

Os nosos parabéns a Enma, modelo de alumna e de sensibilidade para seguir mantendo vivo o noso idioma e a pulsión creadora. Que sirva de exemplo para os seus compañeiros e para o resto dos nosos alumnos.

LER MÁIS NOTICIAS

SEGUIR A LER




Este sitio utiliza cookies técnicas e de rendemento. Pulse a ligazón "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre as nosas cookies.