English Corner

Ensino e aprendizaxe dos idiomas e plurilingüismo

Os idiomas son na actualidade un dos aspectos máis importantes na educación. O Colexio La Salle de Santiago é pioneiro na aprendizaxe dos idiomas tanto a nivel metodolóxico como a nivel de medios para fomentar esta aprendizaxe. Un dos aspectos sobre os que se sostén todo isto é o profesorado: vocacionados, motivados e en continua formación, ademais de ter entre nós profesorado nativo tanto de francés como de inglés.

Somos en Galicia un Centro de referencia e pioneiro no ensino-aprendizaxe dos idiomas. O noso método e o noso empeño en facer as cousas ben, granxeounos o recoñecemento da Comunidade Educativa de Galicia e dos medios de comunicación. Somos centro de referencia para visitar e centro formativo para futuros profesores de idiomas. Polo noso Colexio pasan expertos en ensino-aprendizaxe dos idiomas tanto de España como de Europa e moitos investigadores teñen os ollos postos en nós. Adoitamos acoller a profesores en formación para que vexan e experimenten connosco e poidan aprender.

Practicamente todos os alumnos de Secundaria manteñen unha conversa fluída en Inglés e Francés. 

Infantil:

É dende temprana idade como se aprenden os idiomas, por iso, no Colexio La Salle, temos diariamente sesións totalmente impartidas en inglés en todas as clases de Educación Infantil. A metodoloxía, a profesionalidade dos profesores e os medios audiovisuais son os que garanten a aprendizaxe e o éxito do proxecto.

Nestas idades todo é oral e visual e pódese apreciar como os alumnos e alumnas comprenden perfectamente á profesora.

Dende os tres anos ata os seis anos o incremento do inglés e paulatino.

Primaria e Secundaria: plurilingüismo

En Primaria o noso Centro é un centro plurilingüe como tal temos dous materias que se imparten totalmente en Inglés: coñecemento do medio e plástica. A carga horaria, polo tanto, é de 8-9 horas semanais de inglés. Isto é fundamental para adquirir unha competencia lingüística de calidade. O obxectivo é que os nosos alumnos en 6º de Primaria poidan entender unha película en versión orixinal e en 2º ESO manter unha conversa fluída en ambos idiomas.

O obxectivo principal da implantación do plurilingüismo no noso Centro é desenvolver nos alumnos, ao longo da súa escolaridade, o coñecemento e uso adecuado tanto da lingua galega, como da castelá, como da inglesa, nas súas manifestacións oral e escrita. 

Preténdese que os alumnos coñezan, e saiban usar, toda a riqueza e as posibilidades expresivas das tres linguas. Os alumnos, en relación coa lingua inglesa, deberán adquirir a competencia comunicativa necesaria para desenvolverse en situacións cotiás. 

Os nosos alumnos reciben clase diaria en lingua inglesa de coñecemento do medio e plástica. Ademáis teñen a súa disposición clases extraescolares de inglés para potencialo aínda máis. 

  • Ao finalizar o primeiro ciclo, os nenos deberán ser capaces de manter unha sinxela conversa en inglés. 
  • Ao finalizar o segundo ciclo, os nenos deberán ser capaces de manter unha conversa en inglés e iniciaranse na aprendizaxe da lectura e a escritura.
  • Ao finalizar o terceiro ciclo, os nenos deberán ser capaces de entender unha película en versión orixinal e terán un nivel aceptable da lectura e a escritura. Neste ciclo poderán desenvolver e perfeccionar todas as destrezas comunicativas.

Desde 1º de Primaria ata 6º de Primaria impártense en inglés o Coñecemento do Medio e Plástica. 

En Secundaria o proxecto de plurilingüe é moi ambicioso. En todos os cursos desta etapa hai materias que se imparten en inglés ademais da materia curricular de inglés e francés.

En 1º ESO impártese en inglés as Ciencias Naturais (Science).

En 2º ESO impártese en inglés as Tecnoloxía e Música (Techonology e Music)

En 3º ESO impártese en inglés Tecnoloxía e Ed. Física (Techonology e Physical Education) 

En 4º ESO impártese en inglés Sociais e Ed. Física (History e Physical Education) 

Nesta etapa as clases de inglés son en grupos pequenos, porque é así como se potencia a comunicación e a aprendizaxe.

Dentro deste proxecto plurilingüe destacan, tamén, o programa de intercambios lingüísticos e culturais en 2º da ESO, un intercambio de francés a Nantes, en 3º da ESO, uno de inglés a Ipswich e outro de francés a Burdeos; e en 4º da ESO, unde fracés a París.

Bacharelato

Nesta etapa, clave para o desenvolvemento do alumno, potenciamos sobre todo o acceso á universidade. Queremos que os nosos alumnos saian ben preparados e cun nivel alto de esixencia persoal. 

Nestos niveis, as clases de inglés son tamén en grupos pequenos, porque é así como se potencia a comunicación e a aprendizaxe.

O programa de intercambios da Secundaria complétase con estadías en EE.UU. ou diversos países de Europa (inglés). 

Para coñecer máis....

Visita: Intercambios lingüísticos e culturais

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet