Equipo Directivo

Equipo Directivo

Curso 20167-2017

Directora Xeral
  • Dna. Mª del Mar Fernández Balboa 
Xefes de Estudo
  • Dna. Mª Luisa Pájaro Lago (Educación Infantil)
  • D. Sante Ditano (Educación Primaria)
  • D. Xosé Ramón Pallares Leal (Educación Secundaria)
  • D. Fernando Villa Vieiro (Bacharelato)
Equipo de Pastoral
  • Ir. Jorge Sierra Canduela (coordinación Pastoral La Salle - Galicia)
  • Ir Germán Bolado Arteche (delegado de Pastoral Escolar)
Orientador do Centro
  • D. Juan Manuel Pérez Barrós

 

Director Xeral

É o representante ordinario da Entidade Titular perante a Administración Educativa e outros estamentos.

Entre as súas moitas competencias destaca a súa preocupación por velar polo cumprimento do Proxecto Educativo, os Proxectos Curriculares de Etapa, o Proxecto de Acción Pastoral e os orzamentos económicos do Centro; convoca e preside as reunións do Equipo Directivo do Colexio e o Consello Escolar; preocúpase do persoal do Centro, promovendo a súa cualificación persoal e formación continua.

Atende ás familias en asuntos especiais e de carácter xeral.

Xefes de Estudo

Son as persoas que teñen a responsabilidade de facer posible a realización do Proxecto Curricular da Etapa.

Ocúpanse de todos os aspectos académicos relacionados coa etapa educativa que ten asignada: animación do profesorado; confección de horarios; procurar a orde e a disciplina; admisión de alumnos novos; elaborar, xunto co Orientador, o programa de orientación persoal e profesional dos alumnos; convocar e presidir os actos académicos e as reunións dos órganos de coordinación: Xefes de Departamento ou Ciclo, Claustro de Profesores, titores...

Atenden ás familias en temas relacionados cos estudos, avaliacións e funcionamento da Etapa.

Equipo Pastoral

É o responsable directo de promover e animar a acción pastoral do Centro e de coordinar o Departamento de Educación Relixiosa Escolar (ERE).

Anima e coordina o EquipoLocal de Pastoral, sendo o último responsable de todas as actividades pastorais: clases de formación relixiosa, celebracións, grupos cristiáns, educación na xustiza e a solidariedade, Semana de Proyde, ...