Etapa de Bacharelato

Información

Curso 2018-2019

No Colexio La Salle somos 230 alumnos de Bacharelato distribuídos en oito clases, catro son de 1º de Bacharelato e catro son de 2º. Cada aula conta cun titor/a que fai un seguimento individualizado dos seus titorandos ao longo do curso mediante entrevistas persoais e entrevistas coas familias. 

No noso centro pódese cursar o Bacharelato de Humanidades e Ciencias Sociais (Ciencias Sociais / Humanidades) o de Ciencias e Tecnoloxía (Biosanitario / Tecnolóxico).

As materias troncais para 1º de Bacharelato son:

  • Lingua Castelá e Literatura I
  • Lingua Galega e Literatura I
  • Lingua Estranxeira I: Inglés
  • Filosofía
  • Relixión
  • Educación Física
  • Obradoiro de Oralidades (MLCC)
Materias troncais de modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais
  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I
  • Economía

Materias específicas e de libre configuración (1):

  • Debuxo Artístico I
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación I

Materias optativas (1):

  • 2º Lingua Extranxeira I:Francés
  • Antropoloxía
Materias troncais de modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades
  • Historia do Mundo Contemporáneo
  • Latín I
  • Economía

Materias específicas e de libre configuración (1):

  • Debuxo Artístico I
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación I

Materias optativas (1):

  • 2º Lingua Extranxeira I:Francés
  • Antropoloxía
Materias troncais de modalidade de Ciencias e Tecnoloxía: Biosanitario
  • Matemáticas I
  • Física e Química
  • Bioloxía e Xeoloxía

Materias específicas e de libre configuración (1):

  • Anatomía Aplicada
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación I

Materias optativas (1):

  • 2º Lingua Extranxeira I:Francés
  • Cultura Científica
Materias troncais de modalidade de Ciencias e Tecnoloxía: Tecnolóxico
  • Matemáticas I
  • Física e Química
  • Debuxo Técnico I

Materias específicas e de libre configuración (1):

  • Tecnoloxía Industrial I
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación I

Materias optativas (1):

  • 2º Lingua Extranxeira I:Francés
  • Cultura Científica

As materias troncais para 2º de Bacharelato son:

  • Lingua Castelá e Literatura II
  • Lingua Galega e Literatura II
  • Lingua Estranxeira II: Inglés
  • Historia de España
  • Relixión
Materias troncais de modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais
  • Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II
  • Economía e Organización de Empresa
  • Historia da Filosofía

Materias específicas e troncais de modalidade examinables na ABAU (1):

  • Xeografía
  • Historia da Arte

Materias optativas. Non examinables na ABAU (1):

  • Segunda Lingua Extranxeira II: Francés
  • Debuxo Artístico II
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación II
  • Psicoloxía
Materias troncais de modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades
  • Historia da Arte
  • Latín II
  • Historia da Filosofía

Materias específicas e troncais de modalidade examinables na ABAU (1):

  • Xeografía
  • Economía e Organización de Empresa

Materias optativas. Non examinables na ABAU (1):

  • Segunda Lingua Extranxeira II: Francés
  • Debuxo Artístico II
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación II
  • Psicoloxía
Materias troncais de modalidade de Ciencias e Tecnoloxía: Biosanitario (3):
  • Matemáticas II
  • Química
  • Bioloxía
  • Historia da Filosofía

Materias específicas e troncais de modalidade examinables na ABAU (1):

  • Xeoloxía
  • Física
  • Economía e Organización de Empresa

Materias optativas. Non examinables na ABAU (1):

  • Segunda Lingua Extranxeira II: Francés
  • Debuxo Artístico II
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación II
  • Tecnoloxía Industrial II
Materias troncais de modalidade de Ciencias e Tecnoloxía: Tecnolóxico (3):
  • Matemáticas II
  • Física
  • Debuxo Técnico II
  • Historia da Filosofía

Materias específicas e troncais de modalidade examinarles na ABAU (1):

  • Química
  • Economía e Organización de Empresa
  • Xeoloxía

Materias optativas. Non examinables na ABAU (1):

  • Segunda Lingua Extranxeira II: Francés
  • Debuxo Artístico II
  • Tecnoloxía da Información e Comunicación II
  • Tecnoloxía Industrial II
 

Horario:

As clases comezan ás 8:30 da mañá.ata as 14:05 os luns, xoves e venres; martes e mércores a hora de saída é as 14:55. Temos clase o luns de 16:00 ata 17:50, o resto de días non hai clase pola tarde, é o momento de estudar, facer traballos, deberes... con isto pretendemos fomentar a organización persoal e a autonomía dos nosos alumnos. 

Pizarras interactivas e WIFI:

Para favorecer a aprendizaxe, dinamizala e acostumarnos ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación, cada aula de bacharelato conta cunha pizarra interactiva, un ordenador e un canón ademáis de wifi para conectarnos a internet en calquera momento para consultar, ampliar información...

Orientación e Titoría individualizadas: 

No Colexio contamos cun plan de orientación e axuda para os alumnos con materias pendentes de 1º de Bacharelato: guión específico de traballo, profesor-titor asignado para resolución de dúbidas, calendario de probas programadas ao longo do curso para repartir a materia e facilitar a súa preparación e superación. Igualmente temos atención individualizada dos membros do Departamento de Orientación con entrevistas periódicas aos alumnos.

Intercambios lingüísticos:

Dada a importancia que teñen os idiomas na nosa sociedade os alumnos de Bacharelato teñen unha hora máis a semana para a preparación dos exames de Cambridge. Teñen a posibilidade de intercambio lingüístico con EE.UU. 

Actividades culturais:

No Colexio igualmente favorecemos actividades como o teatro: os nosos alumnos asisten a varias representacións teatrais tanto no salón de actos do colexio coma en distintas salas da cidade. As obras son en galego, castelán, inglés e francés (para os que teñan esta optativa). Tamén promovemos concursos literarios en lingua galega e castelá , celebramos o Día das Letras galegas. 

Estes anos son decisivos na formación dos nosos alumnos e tamén no futuro para o que se están preparando por iso temos unha Semana de Orientación na que veñen profesores das diferentes facultades tanto públicas coma privadas para falar da súa oferta educativa e así poder ter coloquios cos alumnos, solucionar dúbidas, orientar ante a súa indesición natural...

Servizos:

Contamos con Comedor Escolar

Identidade cristiá:

No Colexio o académico está moi coidado e atendido, pero nada disto tería sentido se non mencionamos que ante todo o noso proxecto educativo é cristián e que a nosa tradición académica é lasaliana. Por iso temos un lema cada ano que nos anima na tarefa. Na nosa oferta, tamén, hai convivencias cristiás para os alumnos que queiran, Campañas coma a dos Dereitos dos nenos, a de Nadal, contra a fame de Mans Unidas; Semanas coma a da Educación pola Paz e a Non Violencia, Reflexión da mañá...

 

La Salle Formación Profesional (FP)

La Salle Formación Profesional (FP)

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"