Etapa de Infantil

Normas de convivencia

Para o bo funcionamento da nosa Sección de Infantil, propoñemos unha serie de observacións que consideramos importantes para o desenvolvemento da nosa tarefa educativa.                          

  1. Informar por escrito (coa data do día do acontecemento e o nome do neno/a), cando o alumno/a  altere o ritmo habitual (uso do comedor, autobús, actividades extraescolares persoa que o recolle...)
  2. A roupa que o neno/a trae ao colexio, deben ter o nome e levar goma (abrigos, gorros, chándal...). No mandilón, o nome deberase colocar na parte dianteira.
  3. Os nenos/as deben vir ao colexio co chándal colexial. Para facilitar o seu movemento e autonomía.
  4. Para os alumnos de 3 anos será necesario unha muda para poder cambialo/a se é preciso. (Traela nunha bolsa pequena co seu nome, nunca mochila). No caso de ser utilizada, é necesario repoñela inmediatamente.
  5. No caso de 4 e 5 anos, o centro, dispón de mudas que deben ser devoltas, limpas, o antes posible.
  6. En canto ás entradas, os nenos de 3 anos entrarán pola porta do pórtico; e os de 4 e 5 anos entrarán pola súa sala de acollida. Os alumnos que veñen no autobús colexial entran directamente ás clases pola porta do pórtico, sempre acompañados pola coidadora de autobús.
  7. As saídas faranse pola mesma porta de entrada, excepto 5 anos que fará a súa saída polo patio cuberto.
  8. Non está permitido o acceso dos pais ás aulas ou aos corredores das clases no horario escolar. As indicacións ás profesoras faranse por escrito.
  9. Nas celebracións de santos ou aniversarios, recomendamos moderación nas bolsas (non máis de tres lambetadas). As invitacións ás festas débense facer directamente a través das familias, nunca a través dos nenos na aula. As titoras poden facilitar o listado de números de teléfonos daquelas familias que o autorizaran.
  10. Os alumnos/as que o desexen, poderán traer algo para merendar durante o recreo (poden traer bolsa). As merendas deberán traer nome.
  11. Os alumnos/as non deben traer xoguetes nin cousas de valor.
  12. Soamente atenderemos ás familias con previa cita; por comodidade para todos, a solicitude farase a través da recepción colexial.
  13. Os pais deben ler con atención as circulares, non será recollida ningunha fóra do prazo establecido.
  14. O equipamento escolar (chándal, mandilón...) está á venda no colexio, pódese reservar a través da recepción  colexial.
  15. Os neno/as non poden acudir ao centro enfermos, e é moi importante lembrar que teñen que pasar vintecatro horas sen febre nin antipiréticos antes de asistir o colexio.
  16. As ausencias superiores a un 15%, sen xustificar, teñen que se avisadas a consellería.

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet