Etapa de Infantil

Información

PLAN DO ANO EDUCACIÓN INFANTIL COLEXIO LA SALLE 2015-2016

OBXECTIVO DO ANO:

Achegar aos nenos e nenas ás realidades concretas das persoas máis vulnerables, facilitando o seu coñecemento, potenciando a sensibilidade, o estudo e a reflexión en torno a elas.

LEMA: Coñece, interpreta, transforma... e xusto e necesario.

LIÑAS DE ACCIÓN:
  1. Partimos do conto para traballar distintos momentos do curso.
  2. Usamos todos os medios humanos e técnicos á nosa disposición, procurando así facer unha aprendizaxe agradable e significativa.
  3. Potenciamos, ao máximo, todas as capacidades individuais e sociais dos nenos/as de 3 a 6 anos a través da acción educativa.
  4. Proporcionamos a adquisición, por parte dos nenos/as, das competencias, destrezas e habilidades que lles faciliten o seu medrar intelectual.
  5. Propiciamos momentos de encontro e convivencia no alumnado para expresar e compartir sentimentos e ideas como vínculo de unión e relación mutua.
  6. Tamén proporcionamos a conquista das competencias, destrezas e habilidades para unha participación activa no medio natural, social e cultural.
  7. De cara á Educación Primaria e ao seu plurilingüismo temos unha anticipación lingüística nas nosas aulas de Infantil.
  8. Favorecemos a construcción dun pensamento positivo que aumenta a autoestima, a confianza o crecemento vocacional e estimula o desenvolvemento persoal dos nosos nenos e nenas.
  9. Todo esto, facémolo desde unha perspectiva do traballo das intelixencias múltiples do neno/a e a través da aprendizaxe cooperativa.

 

O LABOR DOCENTE DO EQUIPO DIDÁCTICO DE EDUCACIÓN INFANTIL. ORIÉNTASE A QUE OS NENOS E NENAS APRENDAN A... Coñecerse e coñecer... como MEDIO e FIN.

 

É un MEDIO para acceder ao mundo que os rodea e un FIN polo pracer de descubrir e comprender, para desenvolverse de forma cada vez máis autónoma.

  1. Nas clases, para aprender a coñecer desenvolvemos O PROGRAMA ULISES, traballando como ata agora: capacidades, os seus CLICS, SENSOR, mapas conceptuais, CREA e a área motora.
  2. Prestamos unha especial atención ao desenvolvemento da plástica, música e psicomotricidade.
  3. Creamos un clima de convivencia na escola que nos permita poñer en práctica os nosos soños e interioridade (Programa HARA).
                                                     

FACER... utilizar adecuadamente o que se aprende e coñece sobre si mesmo, do contorno e dos demais para intervir no medio.

  1. No plan da clase, para aprender a facer, traballamos con actividades psicomotrices, lingüísticas, lóxico-matemáticas, plásticas, TICs... Utilizando como novidade neste curso, o material “Colorines”, que propón actividades moi diversas dirixidas  a desenvolver todas as intelixencias.

COÑECEMOS, INTERPRETAMOS E TRANSFORMAMOS... a realidade desenvolvendo actitudes relacionadas cos valores sociais propios dunha sociedade aberta, plural, multicultural e democrática, aprendendo dos outros e cos outros.

  1. O desenvolvemento de actitudes relacionadas co aprender a compartir require que, por exemplo, os nenos/as identifiquen, comparen, acepten as diferenzas, valoren as consecuencias e adopten, finalmente, as actitudes que sexan axeitadas para a convivencia social.
  2. Coñecemos e asumimos tanto as fortalezas como as debilidades propias e alleas.
    Realizamos saídas culturais programadas para cada trimestre: coñecemos o colexio, o outono, a primavera, visitamos a nosa cidade, imos de excursión ao final de curso (granxas-escolas).
  3. Participamos no festival de Nadal, Día da Paz, Entroido, Festas Colexiais; fomentando a participación de todos os alumnos/as.
    Coidamos especialmente os hábitos de autonomía, orde, puntualidade, saúdo...

En definitiva, cremos que é XUSTO E NECESARIO que os nenos e nenas desenvolvan todos os ámbitos a través das súas intelixencias:

  1. Interpersoal: corpo, mente e emocións.
  2. Intrapersoal: actitudes de inserción e cooperación en grupos sociais cada vez máis amplos, complexos e enriquecedores.
LIÑA PASTORAL.
  1. Realizaremos actividades para o traballo en grupo, que abarca tres dimensións: Interese do alumno/a, iniciación ao relato bíblico e expresión relixiosa.
  2. De acordo co noso carácter propio, comezamos cada día coa oración – reflexión da mañá.
  3. Visitamos a capela unha vez ó trimestre: Nadal, san Xosé e Mes de María Participamos activamente nas campañas do Colexio (Nadal, Proyde...) con distintos materiais para motivar os alumnos.
  4. Nas festas colexiais, participamos nunha Eucaristía na honra de san Xoán Bautista de La Salle.  
DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL
  1. Como comunidade con lingua e cultura propia, salientámola e valorámola en todas as actividades escolares, favorecendo a súa aprendizaxe, e o seu uso cotián.
  2. Queremos que esta acción sexa levada con flexibilidade e promovendo actitudes positivas ante a lingua. Tendo en conta que a lingua é un ben cultural que recibimos dos nosos devanceiros e que temos a obriga moral de manter, cultivar e promover
  3. Respectamos a lingua nai de cada alumno/a e desexamos que esta sexa a base para o coñecemento e uso do galego e do castelán, tanto na fala como na escrita.


“SE QUEREMOS UN MUNDO DE PAZ E DE XUSTIZA HAI QUE POÑER DECIDIDAMENTE A INTELIXENCIA AO SERVIZO DO AMOR”.

(Antoine de Saint-Exupery)

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet