Etapa de Primaria

Normas de convivencia

Entradas:

  1. Acudimos ao colexio con puntualidade. Se chegamos tarde subimos ao final das filas, non polo medio a correr.
  2. Facemos sempre as filas no patio cuberto.
  3. Xustificamos os nosos retrasos e ausencias, cunha chamada á recepción por parte dos nosos pais e logo cunha tarxeta cando volvamos á clase.

Movementos:

  1. Subimos e baixamos ordenados e en silencio nas filas, empregando só a escaleira de primaria atendendo ás indicacións do profesor.
  2. Andamos con normalidade polos corredores, sen ir ás carreiras nin falar.
  3. Se temos que acudir á portería comunicámosllo ao profesor.
  4. Os ensaios serán coa presencia do profesor.

Recreos:

  1. Non se pode quedar na clase nin nos corredores, sen a presencia do profesor.
  2. Permanecemos no patio, sen saír á rúa.
  3. Só se pode estar no pavillón (2º e 3º ciclo) ou no patio cuberto (1º ciclo), cando chove, non podendo baixar balóns.
  4. Non subimos ás canastras e porterías.
Respecto:
  1. Evitamos as palabras malsoantes. 
  2. Para entrar na clase pedimos permiso ao profesor.
  3. Saudamos ao entrar na clase e despedímonos ao saír.
  4. Tratamos con delicadeza o material que está á nosa disposición.
  5. Non nos rimos dos demais e respectamos as súas opinións e gustos.
  6. Axudámonos uns aos outros.

Clase:

  1. Non comemos chicles nin lambetadas.
  2. Nos cambios de clase permanecemos sentados no noso sitio es silencio.
  3. Non imos ao servizo durante as clases nin nos intervalos, salvo co permiso do profesor/a. 
  4. Asistimos con roupa axeitada. 
  5. Foro do horario lectivo non acudimos á clase sen a presencia do profesor. 
  6. Evitamos traer teléfonos móbiles, cousas de valor, e xoguetes individuais... ao Colexio. 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet