Etapa de Secundaria

Información

DATOS XERAIS DA ETAPA E DO CURRÍCULO DE ESO PARA O CURSO 2014-2015

Catro liñas (aulas) en cada un dos catro niveis da etapa (total de 16 aulas).

Materias comúns a todos os niveis da etapa:

  1. Lingua Galega e Literatura
  2. Lingua Castelá e Literatura
  3. Lingua estranxeira: Inglés (desdobre dunha sesión semanal en 3º e 4º ESO para potenciar os aspectos orais do idioma)
  4. Matemáticas
  5. Ciencias Sociais, Xeografía e Historia
  6. Relixión Católica
  7. Educación Física

Materias específicas de cada nivel e materias optativas:

  1. Ciencias da Natureza: materia común en 1º e 2º ESO (Sciencie en 1º ESO)
  2. Segunda lingua estranxeira: Francés, común en 1º e 2º ESO e optativa en , 3º e 4º ESO
  3. Educación Plástica e Visual (EPV): común en 1º e 3º ESO, optativa en 4º ESO
  4. Proxecto Interdisciplinar: comúen en 1º ESO
  5. Eduación para a Cidadanía en 2º ESO
  6. Música: común en 2º e 3º ESO, optativa en 4º ESO
  7. Tecnoloxía: común en 2º e 3º ESO, optativa en 4º ESO
  8. Obradoiro de Matemáticas: optativa en 2º ESO
  9. Bioloxía-Xeoloxía: común en 3º ESO e optativa en 4º ESO
  10. Física-Química: común en 3º ESO e optativa en 4º ESO
  11. Obradorio de Iniciativas Emprendedoras: optativa en 3º ESO
  12. Introdución profesional á Electricidade e Electrotecnia: optativa en 3º ESO
  13. Ética: común en 4º ESO 
  14. Informática: optativa en 4º ESO
  15. Introdución ao Dereito e á Economía: optativa en 4º ESO

Distribución global de materias por curso (32 sesións semanais):

  • 1º ESO: 11 materias comúns e ningunha optativa.
  • 2º ESO: 12 materias comúns e ningunha optativa.
  • 3º ESO: 12 materias comúns e 1 optativas.
  • 4º ESO: 8 materias comúns e 4 optativas.

Plan de reforzo educativo elaborado polo Dpto. de Orientación e os Dptos. Didácticos para os alumnos que están repetindo en cada un dos niveis da etapa.

Plan de orientación e axuda para os alumnos con materias pendentes do curso pasado: guión específico de traballo, profesor-titor asignado para resolución de dúbidas, calendario de probas programadas ao longo do curso para repartir a materia e facilitar a súa preparación e superación.

Atención individualizada dos membros do Dpto. de Orientación a alumnos con dificultades de aprendizaxe concretas ou con adaptación curricular. 

Apoio do Dpto. de Orientación en técnicas de estudo básicas para aqueles alumnos con dificultades neste campo.

Apoio en Matemáticas para alumnos con dificultades nesta área en 1º e 2º ESO.

Estudo dirixido para alumnos de 3º e 4º ESO para supervisar ós alumnos na súa obriga de completar deberes e tarefas porpostas dende as materias. 

 

CRITERIOS EDUCATIVOS DE REFERENCIA NA ETAPA PARA ESTE CURSO

LEMA DO CURSO:

LEMA: ---

O PROTAGONISMO DO ALUMNO, PARTICIPACIÓN ACTIVA DESDE A SÚA RESPONSABILIDADE, PARA FOMENTAR O SENTIDO DE PERTENZA.
  1. Queremos dar a palabra aos alumnos e facer que eles sexan responsables da vida do Colexio.
  2. Os alumnos responden se senten coa suficiente confianza e liberdade por parte dos educadores. É positivo crear un clima onde os educandos poidan propo er e expresar o que esperan do seu centro e as actividades que quere realizar nel. Non se trata de ceder ante situacións non educativas senón de sacar o mellor que os rapaces levan dentro.
  3. Existen vías de participación, o seu uso depende dos niveis.
  4. Asumimos que os educadores non temos por qué identificarnos con todos os intereses dos alumnos.
  5. As familias tamén te en un papel importante na participación activa do Colexio. 

 

A APRENDIZAXE COOPERATIVA E NON COMPETITIVA

Os novos dinamismos pedagóxicos pódenos axudar a fomentar a aprendizaxe cooperativa (Moodle, técnicas de Aprendizaxe Cooperativa...). Isto esixe un cambio serio de mentalidade e de estruturas por parte de todos.

Non debe primar o estilo competitivo dos resultados académicos.

O CONTACTO PERSOAL CO ALUMNO, RELACIÓN E CERCANÍA

O ambiente de relacións positivo do Centro condiciona a marcha deste. Un ambiente desde o diálogo e a cercanía co alumno e entre nos é importante para que o rapaz estea a gusto, tanto cos educadores como no Centro.

É bo provocar cuestións con sentido, que vaian máis alá dun diálogo cotián, evitando a superficialidade. Para isto é importante "perder" tempo con eles en diversos espazos.

ACOMPAÑAMENTO MÁIS PERSOAL: ACADÉMICO E PERSOAL-VITAL

É importante facer un seguimento persoal por parte dos titores de cada alumno (entrevistas, ficha de rexistro...).

Os alumnos maiores de ESO e Bach. necesitan un acompa amento personalizado, senten necesidade do adulto-acompa ante.

Todos estamos implicados na li a de acompa amento, non só os titores.

MOMENTOS DE ENCONTRO

Os educadores farémonos presentes nos espazos onde están os alumnos (patio...).

Os momentos de convivencias, saídas, etc., onde os alumnos e educadores nos relacionemos, te en que ser prioritarios para nós.

EDUCACIÓN EN VALORES

Cada actividade e orientación realizada no Centro ten que ter unha finalidade educativa fundamentada en valores que se presentan no Carácter Propio dos Centros La Salle.

Hai que potenciar todas as dimensións humanas dos alumnos no seu desenvolvemento.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA E CULTURAL

Coidar que toda a información relativa ao colexio estea en galego.

Supervisión, por parte de xente especialista, de toda a documentación que se faga.

Que se cumpra o uso do galego nas áreas que correspondan segundo a lei.

Favorecer os certames culturais que axuden a normalizar o idioma.

 

ACTIVIDADES HABITUAIS PROGRAMADAS AO LONGO DO CURSO NA ETAPA DA ESO

ÁREAS CIENTÍFICA, BIOLÓXICA E TECNOLÓXICA

Prácticas de Bioloxía-Xeoloxía e Física-Química (ao longo do curso) nos correspondentes laboratorios para todos os alumnos da etapa, son complementarias as sesións de clase destas materias e dentro do horario lectivo.

Semana das Ciencias (2º trimestre): actividades especiais programadas para todos os alumnos da etapa en torno a difusión e ampliación de co ecementos científicos-biolóxicos e científicos-tecnolóxicos a través de exposicións, saídas específicas por niveis, experiencias de aula e laboratorio, concursos, traballos de investigación por grupos, conferencias e mesas redondas sobre diversos temas.

Visita ao Museo Luis Iglesias da Facultade de Química da Universidade de Santiago (1º ESO).

Visita ao Parque Eólico Sotavento (3º ESO e alumnos con optativa de Tecnoloxía en 4º ESO).

Saída ao Parque de Bonabal e ao Parque da Alameda para identificación e clasificación de especies vexetais (1º, 3º ESO e 4º ESO, respectivamente).

Saída á Praza de Abastos para facer traballo de campo sobre alimentos e especies vexatais e animais (1º ESO).

Participación dos alumnos da etapa no Concurso Internacional Canguro Matemático, certame sobre a aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades nas Matemáticas.

Participación dos alumnos de 2º ESO no programa medioambiental "Co ece Manzaneda Verde" (3º trimestre), durante tres días con actividades lúdicas, convivenciais e medioambientais entroncadas co currículo das Ciencias da Natureza.

Viaxe cultural dos alumnos de 4º ESO (3º trimestre) por Galicia, Castelá e León e Cantabria facendo traballo de campo en distintos lugares vinculados ás áreas curriculares científicas, por exemplo: sendeirismo polo Val do Tobalina (Burgos), visita á Central Nuclear Sta. María de Garo a-Nuclenor (Burgos), Parque da Natureza de Cabárceno (Cantabria, con actividades programadas nas súas aulas medioambientais), visita á Factoría FASA-Renault (Valladolid) e visita ao Museo da Ciencias de Valladolid (exposición permanente, temporal e Planetario).

ÁREA HUMANÍSTICA

Participación de todos os alumnos da etapa en diversos festivais colexiais: Festival do Sar (festival da canción, 1º trimestre), Festival de Nadal e Panxoli as (1º trimestre), Festival de danza galega e moderna (incluído nas festas colexiais, 3º trimestre).

Participación de alumnos da etapa no Certame Colexial de Artes Plásticas.

Participación Concurso Nacional de Debuxo patrocinado pola ONCE (alumnos con EPV).

Participación dos alumnos de 2º ESO nos Concertos de Música Tradicional organizados polo Departamento de Educación e Mocidade do Concello de Santiago.

Experiencia pedagóxica de Aprendizaxe Cooperativa na materia de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia de 3º ESO.

Participación no Certame Musical Intercolexial de FECAPA no Auditorio de Galicia (3º ESO)

Saída lúdico-cultural dos alumnos de 3º ESO polo Baixo Miño: Tui, A Garda e Baiona (3º trimestre)

Traballo de campo sobre construccións barrocas facendo un percorrido polas rúas do casco vello de Santiago (4º ESO): praza da Inmaculada (San Marti o Pinario), praza da Quintana (Casa da Parra e Torre do Reloxo), praza de Praterías (fachadas telón), retablo de San Paio de Antealtares.

Visita ao Parlamento de Galicia (alumnos de 4º ESO coa optativa de Economía).

Viaxe cultural dos alumnos de 4º ESO (3º trimestre) por Galicia, Castelá e León, País Vasco e La Rioja, facendo traballo de campo en lugares vinculados a esta área curricular, por exemplo: Catedral de Burgos, Museo Guggenheim, Museo Nacional de Escultura (Valladolid), San Millán de la Cogolla e os mosteiros de Yuso e Suso (La Rioja).

ÁREA LINGUÍSTICA

Intercambio cultural e lingüístico de inglés en 3º ESO e de francés en 4º ESO con Colexio La Salle de Inglaterra e Francia. Actividade de inmersión lingüística dos alumnos correspondentes no noso colexio durante unha semana.

Representacións de teatro (no salón de actos do colexio e en distintas salas da cidade como o Teatro Principal e o Salón Teatro) ao longo do curso: obras en galego, castelán e inglés (para toda a etapa, mínimo de dúas obras por nivel), e tamén en francés (para alumnos de 4º ESO con esa optativa).

Concursos literarios para alumnos de toda a etapa en lingua galega e castelá.

Participación no Concurso Nacional de Redacción (2º ESO).

Participación de alumnos da etapa na Festa da Lingua Galega e na entrega do Premio Literario Frei Martín Sarmiento.

Charlas con autores literarios de libros que os alumnos len dentro do Programa Lector da etapa (3º ESO).

Exposición didáctica sobre o autor a quen se dedica cada curso o Día das Letras Galegas.

PLAN DE ACCIÓN TITORIAL (PAT)

Os titores da etapa garanten unha titoría grupal cada semana, estruturada por niveis e con temática moi variada, sempre adaptada ao grao de desenvolvemento psicolóxico e académico dos alumnos. Entre outros, trátanse os seguintes temas: formación en valores, planificación do tempo de estudo, técnicas de estudo, aproveitamento do tempo libre, autoavaliación personal, roles e valores na familia e no colexio.

Xornadas de titoría individualizada: dentro do Plan de Acción Titorial de cada nivel resérvanse dous días especiais (en novembro e febreiro) nos que os titores entrevistan durante toda a xornada lectiva aos seus alumnos, interesándose polo seu desenvolvemento e traxectoria tanto académica como persoal.

Plan de Achegamento á Realidade (PAR): coordinado polo Equipo de Educación na Xustiza do noso centro, dentro das sesións de titoría en cada nivel e trimestre resérvanse dúas sesións para tratar diferentes realidades sociais: menores (en 1º ESO), inmigración (en 2º ESO), adiccións (en 3º ESO) e o discapacitados intelectuais (en 4º ESO, ao término da escolaridade obrigatoria). O esquema de traballo ten tres piares: ver, xulgar e actuar ante cada unha destas realidades.

Semana de Orientación Profesional con charlas grupais e entrevistas persoais dirixidas, sobre todo, aos alumnos que están a piques de rematar a súa escolaridade obrigatoria, invitándolles a reflexionar sobre os diferentes cami os que se van abrir diante deles (Bacharelato, formación profesional e mundo laboral).

Realización no caso de 4º ESO dun completo test de aptitudes, rasgos da personalidade, intereses profesionais e ámbito sociométrico.

Obradoiros de educación afectivo-sexual para 3º ESO e de prevención de drogodepencias para 4º ESO, integrados no propio horario lectivo destes alumnos.

Celebración de diversos días con temática moi específica:

  • Día Internacional da Muller Traballadora (8 de marzo)
  • Día Mundial dos Dereitos do Consumidor (15 de marzo)
  • Día Mundial do Teatro (27 de marzo)
  • Día Mundial da Saúde (7 de abril)
  • Día das Letras Castelás e do Día do Libro (23 de abril)
  • Día de Europa (9 de maio)
  • Día Mundial do Medio Ambiente (5 de xuño)

PIZARRAS INTERACTIVAS E WiFi:

Para favorecer a aprendizaxe, dinamizala e acostumarnos ao uso das tecnoloxías da información e a comunicación, cada aula de bacharelato conta cunha pizarra interactiva, un ordenador e un canón ademáis de wifi para conectarnos a internet en calquera momento para consultar, ampliar información...

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet