Etapa de Secundaria

Normas de convivencia

Respecto cara os membros da comunidade educativa:

  1. Valoramos o respecto e a consideración por todas as persoas que nos rodean en todos os espazos do recinto escolar e durante as distintas actividades, saídas e visitas que organiza o colexio.
  2. En todo momento debemos ser respectuosos con todos os membros da Comunidade Educativa (compañeiros, profesorado, persoal de servizo e administración, animadores, monitores, adestradores, familias...) e non teremos con eles ningunha falta de consideración ou respecto coa nosa actitude, palabra, xesto ou através de calquera canle de comunicación tecnolóxica.
  3. É de boa educación saudarnos; non podemos descoidar as regras básicas de cortesía.
  4. Coidamos a linguaxe corporal, oral ou escrita evitando palabras ou expresións malsoantes e insultos.
  5. Escoitamos con atención a opinión dos demais, evitando calquera burla ou comentario descortés.
  6. Respectamos os locais de uso colexial (aulas, corredores, patios, salas audiovisuais e de conferencias, biblioteca, laboratorios, obradoiros e pavillón) e coidamos os materiais que están á nosa disposición.
  7. Deixamos as salas que empregamos ben ordenadas para o grupo seguinte.
  8. En cumprimento da normativa legal vixente e para favorecer a nosa saúde e a dos que nos rodean, non podemos fumar en todo o recinto colexial (patio incluído).
  9. En cumprimento da normativa legal vixente está totalmente prohibida no recinto escolar a posesión, consumo ou distribución de substancias prexudiciais para a saúde.. 

Asistencia e puntualidade no colexio:

  1. Acudimos ás clases e aos actos organizados no Colexio con puntualidade. A asistencia é obrigatoria.
  2. Procuramos, no que dependa de nós, que as citas médicas non coincidan no horario lectivo.
  3. Xustificamos de antemán as nosas ausencias ou atrasos previstos utilizando as tarxetas modelo do calendario ou da axenda escolar. As non previstas xustificámolas cunha chamada a recepción por parte dos nosos pais ou titores legais ou coa mesma tarxeta á volta á clase, deixándoa sempre no parte.
  4. Cando cheguemos tarde, debemos entrar ao colexio por Recepción (indicando á recepcionista o noso nome e curso) e dirixirnos directamente a aula correspondente, onde pediremos permiso para entrar; nese momento debemos entregar un xustificante por escrito ao profesor ou avisarlle da chamada da nosa familia á Recepción.
  5. Se faltamos a algunha sesión anterior a un exame importante fixado (parcial ou de avaliación, por exemplo), non podemos examinarnos nese día e debemos preguntar ao profesor/a da materia en que momento o realizaremos.
  • • Calquera exame feito nestas circunstancias será anulado.
  • • Para alumnos de 3º ESO ata 2º de BACH., por “sesión anterior” enténdese tamén as dúas sesións do luns pola tarde; non así para 1º e 2º ESO respecto da tarde anterior de clase.
  • • Caso excepcional será a presentación dun xustificante médico da ausencia ao profesor/a.

 Durante as clases, nos intercambios en nos movementos polo colexio:

  1. Tanto na clase coma nos intercambios non comemos nin bebemos (gomas de mascar, caramelos, pipas, botellas de auga, etc.).
  2. Non saímos da aula durante os intercambios, non sendo que teñamos que acudir a outra aula para a seguinte sesión. Neste sentido, os alumnos de Bacharelato collemos os materiais das nosas taquillas de todas as sesións de clase de antes e despois do recreo para facilitar o comezo puntual de cada clase.
  3. Tan pronto como o profesor/a entra na aula dispoñémonos rapidamente para comezar a clase.
  4. Facemos os nosos desprazamentos polo colexio (corredores, escaleiras...) con orde, procurando camiñar con axilidade e falando baixo para non entorpecer o traballo doutros grupos.
  5. Cando teñamos que saír da aula de forma excepcional, por exemplo para ir ao baño ou falar con algún profesor, debemos pedir permiso ao profesor que entra e non ao que sae.
  6. Durante as clases e nos intercambios non podemos deixar o noso grupo e ir por conta e decisión propia a outro lugar do colexio (Recepción, Secretaría ou algunha outra aula ou instalación) para facer fotocopias, pedir o vale do comedor, buscar, entregar ou recoller material ou documentación persoal. Só podemos facelo con permiso explícito ou seguindo a indicación concreta dun profesor ou para responder a unha chamada feita por megafonía.
  7. Mantemos a aula e corredores limpos e en orde: empregamos as papeleiras e non escribimos  ou raiamos nos pupitres, andeis, paredes...
  8. Asistimos á clase con roupa axeitada e coidamos o noso aseo persoal.
  9. Todos os aparellos electrónicos persoais deben estar totalmente desconectados en todas as instalacións do edificio colexial (aulas, corredores e patio) e durante o horario lectivo, prestando especial atención aos nosos teléfonos móbiles, dos que somos responsables en todo momento cando os traemos ao colexio. Neste sentido, se precisamos comunicarnos coa nosa familia ou recibir algunha información dela, farémolo dende e através da Recepción do colexio.
  10. Non está permitido fotografar e/ou gravar imaxes e/ou sons durante o horario lectivo no recinto colexial (patio incluído) sen autorización previa. 

Durante os recreos:

  1. Non quedamos na clase nin nos corredores ou escaleiras: o recreo é un tempo no que precisamos descansar e tomar azos para o resto da mañá.
  2. En cumprimento da normativa legal vixente, os alumnos da ESO permanecemos no recinto colexial durante o horario lectivo e non saímos a rúa (aínda que xa teñamos cumpridos os dezaseis anos).
  3. Estamos atentos a chegar con tempo suficiente á clase á volta do recreo.
  4. Empregamos as papeleiras do patio para depositar o lixo e contribuír así á limpeza e conservación do noso entorno.
  5. Debemos empregar preferentemente os servizos que están no patio no canto dos servizos que están nos corredores. Neste sentido, non podemos usar os servizos reservados para os alumnos de Ed. Primaria do 1º e 4º andar.
  6. No patio, evitamos situarnos cerca das ventás das aulas de Ed. Infantil e Ed. Primaria para non entorpecer o traballo dos profesores e dos alumnos máis pequenos.
  7. Se temos que ir á Recepción ou Secretaría do colexio durante o recreo (para facer unha chamada, fotocopias, apuntarnos ao comedor...), os alumnos da ESO o facemos por dentro do colexio e os de Bacharelato por fóra del, evitando ir acompañados por outros alumnos que non van facer ningún recado e controlando o nivel de ruído neste espazo común da Recepción. Queremos facilitar así o traballo e a atención que nos prestan as recepcionistas e demais persoal de servizos colexiais a todos os membros da nosa Comunidade Educativa. 

 

 

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet