Historia do Colexio

Historia do Colexio

La Salle está en Santiago de Compostela dende o ano 1923. Os primeiros anos rexentando a Escola da Inmaculada. Pero quedaban sen cubrir os estudos de Segunda Ensinanza. Co apoio e a colaboración dos Antigos Alumnos e a xenerosidade da fundadora da escola dona Isabel García Blanco, púxose a primeira pedra o 27 de xullo de 1953 do que hoxe é o Colexio La Salle, coa presenza do Sr. Arcebispo Cardeal Quiroga Palacios.

Durante os catro primeiros cursos non estivo recoñecido oficialmente, polo que os alumnos presentábanse aos exames oficiais no Instituto Arcebispo Xelmírez, alí foron moitos os éxitos acadados.

Uns meses antes chegaran cinco Irmáns para iniciar o labor educativo no número 22 da rúa de San Roque. O primeiro ano tivo 109 alumnos. Desde aquela foi mellorando as súas instalacións e as aulas, até chegar aos preto do millar e medio de alumnos que ten na actualidade, desde Ensino Infantil até o Bacharelato.

No ano 1953 comezou a funcionar o comedor escolar. Hoxe atende a máis de 200 alumnos e alumnas. Ao longo de34 anos tivo tamén un internado, que chegou a acoller a 387 alumnos internos no curso1970-71.

Desde o curso de 1985 o alumnado é mixto. Nese mesmo ano obtivo o Concerto Xeral, aínda que xa gozaba del parcialmente desde 8 anos antes.