O mundo dos Idiomas

Nantes

Dende hai uns anos, o colexio organiza para os alumnos de 2º ESO un intercambio co colexio Saint Joseph du Loquidy situado nos arredores de Nantes.

Durante uns 7 días, os nosos alumnos teñen a posibilidade de descubrir como vive un rapaz francés da súa idade dende 3 perspectivas: a súa vida escolar, a súa cultura e a súa vida familiar.

A súa vida escolar:

Descubrirán o sistema educativo francés asistindo a clases de inmersión, participarán en clases de conversación con profesores nativos e terán tempos de titoría cos seus profesores acompañantes para poder compartir a súa experiencia.

Se queredes saber máis acerca deste colexio, podedes entrar na súa páxina web: www.loquidy.net

A súa cultura:

Visitarán os lugares máis emblemáticos da zona a través de excursións ou actividades lúdicas. Encherán un caderno de viaxe onde deixarán recollidas as memorias da súa estanza en Nantes.

A súa vida familiar:

Vivirán toda a semana coa familia do seu correspondente observando os seus costumes, os seus horarios... Éste será un bo momento para poñer en práctica todos os coñecementos lingüísticos adquiridos e mellorar o seu nivel no idioma.

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet