English Corner


Intercambios lingüísticos e culturais

Ao ser o Colexio La Salle un Colexio plurilingüe dá moita importancia á aprendizaxe dos idiomas. Por iso, entre outras actividades de potenciación das linguas, o Colexio ten diversos intercambios lingüísticos e culturais con diferentes países do mundo.

Obxectivos:

  1. Coñecer de primeira man a lingua vivindo nun ambiente de total inmersión na mesma.
  2. Reforzar o seu estudo e a súa aprendizaxe e potenciar o seu uso como medio de comunicación.
  3. Mellorar a audición e a pronunciación.
  4. Practicar a lingua en vivo e en directo e aprender a desenvolverse na vida noutro idioma.
  5. Coñecer e valorar outras culturas.
  6. Vivir noutras familias con outros costumes e formas de vida.

Actividades:

  1. Os alumnos asisten ás clases no Colexio que acolle. Isto supón unha inmersión total na lingua e no ambiente. 
  2. Os alumnos fan distintas actividades coa familia que acolle.
  3. O Colexio que acolle tamén ten outras actividades de coñecemento da cidade e do País: visitas a museos, visitas culturais...

Outros aspectos:

  1. O intercambio ten unha duración de 10 días.
  2. Os alumnos de 2º ESO ten o intercambio con Francia (Bretaña)
  3. Os alumnos de 3º ESO ten o intercambio con Inglaterra (diferentes cidades)
  4. Os alumnos de 4º ESO ten o intercambio con Francia (París)
  5. Os alumnos de 1º bacharelato ten unha experiencia de coñecemento doutro País (ITALIA) dende o punto de vista cultural
  6. Os alumnos de 2º de bacharelato ten o intercambio de Inglés con EE.UU. 

     

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas e de rendemento. Pulse a ligazón "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre as nosas cookies.