O mundo dos Idiomas

Ipswich

Dende hai uns anos, o colexio organiza para os alumnos de 3º ESO un intercambio co colexio St Joseph's College situado nos arredores de Ipswich.

Durante uns 7 días, os nosos alumnos teñen a posibilidade de descubrir como vive un rapaz inglés da súa idade dende 3 perspectivas: a súa vida escolar, a súa cultura e a súa vida familiar.

A súa vida escolar:

Descubrirán o sistema educativo inglés asistindo a clases de inmersión, participarán en clases de conversación con profesores nativos e terán tempos de titoría cos seus profesores acompañantes para poder compartir a súa experiencia.

Se queredes saber máis acerca deste colexio, podedes entrar na súa páxina web: www.stjos.co.uk 

A súa cultura:

Visitarán os lugares máis emblemáticos da zona a través de excursións ou actividades lúdicas. Encherán un caderno de viaxe onde deixarán recollidas as memorias da súa estanza en Ipswich.

A súa vida familiar:

Vivirán toda a semana coa familia do seu correspondente observando os seus costumes, os seus horarios... Éste será un bo momento para poñer en práctica todos os coñecementos lingüísticos adquiridos e mellorar o seu nivel no idioma.

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet