Noticias do colexio

REC- CURTA 2019

O pasado 3 de maio tivo lugar, no Hotel San Francisco, o acto da entrega dos premios Rec- Curta convocados por FEREGA.

Nesta X edición participamos coas seguintes curtas: 

  • UN elaborada por Lucía Prado e Marta Seoane (alumnas de 3.º ESO).
  • Da Terra ata Marte realizada por Claudia Castelao, Laura Freire, Gael García, Lucía García, Tomás Leis, Aldara Sánchez, Borja Silva, Sara Velo e Xoán Vilasó (alumnos e alumnas de 1.º ESO).
  • Xacobeo presentada por Carlos Arjona, Candela Bengoa, Andrés Collantes, Laura Ferrín e Mariña Vidal (alumnos e alumnas de 2.º ESO).

A verdade é que o alumnado non nos deixa de sorprender ano tras ano. Nesta ocasión a curta máis premiada foi Xacobeo. Filme protagonizado por cinco personaxes medievais que se botan ao camiño e fan a peregrinación a Santiago de Compostela por diversas razóns.

O equipo técnico de Accións - Produción fai unha crítica a dificultade humana para empatizar cos compañeiros do “camiño” e consegue catro recoñecementos:

  • Mellor actor para Andrés Collantes pola excelente interpretación de Pedro, o Portugés.
  • Mellor actriz para Laura Ferrín polo seu papel de Dª Veremunda de León.
  • Mellor vestiario (personaxes medievais).
  • Mellor uso da lingua galega.

Parabéns polo traballo feito con ilusión.

REC-CURTA 2019
 

 

Verán Salle Xove 2019

Verán Salle Xove - Bujedo e Finisterre 2019

Summer Camp 2019

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"