Noticias do colexio

Letras Galegas 2019

O pasado xoves, 16 de maio, o alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato tivemos a oportunidade de lembrar o labor realizado por Antonio Fraguas no estudo e defensa da cultura galega.  Acompañounos na celebración o escritor Héctor Cajaraville, precisamente autor d’O bo mestre, o mestre bo; obra que que sintetiza a súa traxectoria vital e analiza o traballo tan intenso que levou a cabo Fraguas durante a súa lonxeva vida.  

Grazas a Héctor pola súa dispoñibilidade e por compartir connosco os seus coñecementos sobre tan xenerosa persoa: Antonio o amante de Galicia. Agradecemos tamén a Jaime Mansilla por estar sempre disposto a botarnos unha man e, por suposto, aos nosos alumnos que son os  verdadeiros protagonistas nesta celebración. 

En primeiro lugar, a Marcos Clemente polo deseño do cartaz e, especialmente, polo entusiasmo co que acolle este traballo. Grazas  tamén a Lucía Couto e mais a Lucía Muíño pola ilusión coa que aceptaron presentar a Héctor Cajaraville.

A celebración do DÍA DAS LETRAS GALEGAS non sería posible sen a palabra. Ela acada vida nos traballos presentados por 81 alumnos e alumnas que dedicaron tempo e esforzo para expresar as súas ideas a través da escrita literaria

O fallo do xurado desta XXXVII edición correspóndese cos seguintes premios:

Categoría A (1º e 2º ESO)
  • Terceiro premio para o texto tilulado Un día calquera realizado por Shía, escrito por Aldara Buch Novo.  Ler o traballo
  • Segundo premio para os poemas Ela ten voz e Sentimentos presentado por Un ninguén,  escrito por Andrés Collantes Barros.  Ler o traballo
  • Primeiro premio para o texto que leva por título Rosa do Pacífico presentado baixo o pseudónimo Medusa, escrito por Inés Combo García.  Ler o traballo 
Categoría B (3º e 4º ESO)
  • Terceiro premio para o texto titulado A fantástica historia que lle aconteceu a Carmela presentado por Saturnino, escrito por Antonio Romero Bello.  Ler o traballo
  • Segundo premio para o relato titulado A cidade Varu presentado baixo o pseudónimo de Alexandar escrito por Rubén Gutiérrez López.  Ler o traballo
  • Primeiro premio para o traballo titulado A cinco metros de distancia presentado por Lúa,  escrito por Claudia Oreiro Fraga.  Ler o traballo
Categoría C (1º e 2º Bach.)
  • Terceiro premio para o poema titulado Nulidade presentado por Anteros, elaborado por Fermín Rey Fernández.  Ler o traballo
  • Segundo premio para o texto que leva por título Liña de fuga presentado baixo o pseudónimo Stratocaster, escrito por Enma Combo García. Ler o traballo
  • Primeiro premio para o texto titulado Arraigados presentado por Feliciano Pombo da autoría de Abel Romero Lamas Ler o traballo

Parabéns aos premiados e ánimo aos  que non puidestes selo. Seguide creando porque ideas non vos faltan. Talento tedes e equivocarse é unha maneira de poder mellorar. 

O agradecemento especial é para a ANPA do colexio que, ano tras ano, nos apoia e comparte con nós esta celebración. Polo tanto, GRAZAS familias, por apoiar estas iniciativas culturais. Tamén colabora neste Certame Literario a Libraría Couceiro que concede o terceiro premio de cada categoría, polo tanto, agradecemento para Pablo e María.

MIL PRIMAVERAS MÁIS PARA A NOSA LINGUA

Dpto. Lingua galega e Literatura

Letras Galegas 2019
 

 

Verán Salle Xove 2019

Verán Salle Xove - Bujedo e Finisterre 2019

Summer Camp 2019

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"