Noticias do colexio

Excursión polo sur de Galicia para os alumnos de 3.º da ESO

No pasado luns, 26 de maio, co bocata e a gorra, a sempiterna música e moitas ganas de pasarmos a xornada xuntos, as clases de 3º da ESO tiveron a oportunidade de preparar a fin do curso cunha excursión polo sur de Galicia

O Castro de Santa Tegra ou A Guarda foron as primeiras paradas da mañá. Aínda que a brétema envolveu os máis altos riscos, non agochou unha preciosidade de vista da desembocadura do Miño, que separa España de Portugal. 

O agoirado baño foi en dous tempos, no paseo marítimo da Guarda para os máis avezados, baixo o sol, ao carón dos improvisados bailes nos xardíns da poboación. E logo si,  a tarde agasallounos cun bo mergullo na praia de Baiona. Tempo de rir, de xogar, de compartir uns cos outros, rapaces e profesores, e de preparar a derradeira etapa do curso coa sensación de sermos compañeiros de camiño.

Saída cultural de 3.º ESO
 

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"