Noticias do colexio

Acto de Graduación 4.º ESO

O sete de xuño ás sete da tarde xuntámonos os alumnos, familias e profesores de 4º da ESO, nun emotivo acto de graduación.

Tras o saludo do director e as palabras do xefe de estudos, nas que Xosé Ramón Pallares animou aos estudantes a seguir a súa vocación subindo o listón cara metas entusiasmantes, disfrutamos duhna preciosa actuación musical. Cantando e tocando a guitarra Miguel López, acompañado coa música de Diego Rodríguez, Mateo Pérez, Antonio Romero, Álvaro López, Carolina Lei Campos, Claudaia Oreiro, Lucas Cea e Pablo Rey, sorprenderon a todo o auditorio cunha conmovedora adaptación de El sitio de mi recreo de Antonio Vega

Logo desta, os delegados Noa Fernández, Juan González, Álvaro López e Nicolás González deixaron as súas verbas coa mensaxe da experiencia vivida no colexio con tantas lembranzas e momentos compartidos e dando as "grazas polas amizades verdadeiras e polos profesores e alumnos que uniu La Salle e que nada nin ninguén poderá xa separar. Grazas por facernos medrar como persoas e grazas de corazón por facernos mirar máis alá."

Como colofón das súas palabras pasamos un bo rato cun vídeo de fotos do curso que contiña imaxes dos festivias, excursión e outros intres da vida colexial.

En seguida chegou o momento da entrega dos diplomas no que os alumnos subían por grupos de amizade a recoller este recoñecemento e facerse unha foto para a posteridade.

O peche veu da man de Suso Casal, xefe de estudos de bacharelato, dando a benvida á nova etapa que está por chegar. E tras isto confraternizamos cuns pinchos todos xuntos, nun ambiente de ledicia e distensión.

 

Acto Graduación 4.º ESO
 

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"