Noticias do colexio


Noticias do colexio

IESPORTS - Alumnos de Bacharelato na liga de Deportes Electrónicos

IESPORTS Un ano máis, o Colexio La Salle de Santiago de Compostela participará na primeira liga de Deportes Electrónicos que organiza IESPORTS a nivel nacional. Os alumnos de 1.º de Bacharelato: David Corral, Daniel Neira, Miguel Fernández, Alberto Fernández e Xoel Rúa, acompañados polo profesor Jose Menduíña, representarán ao noso colexio neste singular evento.

Desexámoslles a mellor das sortes!!!

David Corral cóntanos a súa experiencia vivida:

O ano pasado, algúns de nós tivemos a oportunidade de participar nun torneo de videoxogos organizada por IESports, unha liga educativa que se dedica a organizar este tipo de eventos.

Grazas a esta actividade, puidemos coñecer a xente con afeccións moi similares ás nosas. Ademais, sempre tivemos presentes os valores que esta liga quere transmitir. Entre todos eles, gustaríame destacar a deportividade, o respecto e a superación. Foi unha experiencia moi enriquecedora!

 

Entrevista sin Sofá a Txema Santana, un periodista comprometido cos migrantes e refugiados.

O pasado martes 12 de novembro, os alumnos de Economía de 1.º de Bacharelato, tivemos o pracer de contar con Txema Santana nunha nova edición das Entrevistas sin Sofá.

O periodista canario deunos resposta a moitas preguntas sobre o seu traballo e relacionadas cos refuxiados que veñen a España fuxindo dunha situación precaria e buscando a oportunidade de ter unha vida mellor.

Cada un dos alumnos tivo un papel fundamental na realización desta entrevista. Ángela Dopazo encargouse de dirixir o evento dándolle a palabra aos alumnos que auerían preguntar. Ademáis algúns encargáronse de gravar, e outros de retransmitir o encontro en redes sociais como Twitter.

Foi unha gran experiencia para todos nós de aprender sobre distintas realidades, moi presentes na nosa sociedade actual, e de replantexarnos a responsabilidade que recae nas nosas mans ao tocarnos vivir con máis privilexios que os refuxiados que chegan as nosas fronteiras.

Andrea Arrieta 1.º Bacharelato

Entrevista sin Sofá en Twitter 

Entrevista sin Sofá con Txema Santana
 

 

Torneos de Debate organizados polo Consello de Economistas. Próxima parada: Madrid

Os pasados días 24 e 25 de outubro tiveron lugar na Facultade de Económicas e ADE e máis no concello de A Coruña os Torneos de Debate organizados polo Consello de Economistas. Do noso colexio presentáronse dúas equipas que tiveron que baterse na final provincial. Alejandro Alvarellos, Pablo Balsa, Laura Buono, Ángela Murga e Antón Ramos foron os gañadores que xunto con outros 20 colexios de toda España participarán nun novo torneo en Madrid. Baixo o título: Serán favorables os efectos da dixitalización sobre a creación e o mantemento do emprego?, estes alumnos terán que defender tanto a postura en contra como a favor. Os días 26 e 27 de novembro asistirán a esa fase final no Banco de España.

Desexámoslles moita sorte!

Revista: O Economista - Portada e artigo sobre o Colexio La Salle

Torneos de Debate
 

 

Parabéns a unha promoción inesquecible

Promoción Bacharelato 2018-2019Parabéns á numerosa promoción de 2º Bacharelato do ano do #300LaSalle, 2018-2019. Como comunidade educativa queremos compartir a nosa ledicia porque de 123 alumnos matriculados presentáronse ás probas o 96%, acadando o 100% de aprobados. Todo un éxito despois dun ano de moito traballo e esixencia que ademáis se verá recoñecido públicamente no acto da Universidade de Santiago do próximo 4 de xullo, onde os alumnos co mellor expediente de toda Galicia terán a súa recompensa. Neste gala, a promoción estará representada por 23 alumnos que acadaron unha nota de acceso á Universidade de 9 ou superior. Todo un logro!

PARABÉNS a unha promoción inesquecible!!

 

Alumnos de 1.º de Bacharelato no Modelo de Parlamento das Nacións Unidas (CW MUN)

Modelo de Parlamento das Nacións Unidas A comezo deste mes de maio, seis estudantes de 1.° de Bacharelato estiveron participando no Modelo de Parlamento das Nacións Unidas (CW MUN) na cidade de Barcelona. A súa labor no mesmo foi moi positiva e atópanse moi contentos de poder formar parte dunha experiencia tan fermosa e productiva tanto a nivel académico como persoal. 

Parabéns!

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas e de rendemento. Pulse a ligazón "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre as nosas cookies.