Noticias do colexio

IX Encontro da Familia Lasaliana en La Salle Astorga

Familia LasalianaÉ moi común ler en varias das carteleiras dos nosos colexios aquilo de “La Salle, unha gran familia”. O sentido de familia representa en esencia o que somos e facemos na nosa vocación como educadores, e así se celebra ano a ano no Encontro da Familia Lasaliana.

Nesta ocasión, convocouse a novena edición dunha xornada que reúne a pequenos e maiores nun día marcado pola convivencia, a celebración e a vida compartida. Este ano, con motivo especial do tricentenario da morte do fundador, realizáronse varias dinámicas en torno ao significado desta data para os que camiñan no itinerario de La Salle.

Guiados polo Ir. José Antonio Ramos, unha ampla representación de educadores e familias das zonas de Galicia, Asturias, Cantabria, Portugal e Castela e León quixeron darse cita e compartir mesa nunha data que axuda a recargar as pilas e permite fortalecer os lazos de fraternidade que tanto nos caracterizan. Vémonos o ano que vén!

 

Verán Salle Xove 2019

Verán Salle Xove - Bujedo e Finisterre 2019

Summer Camp 2019

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"