Noticias do colexio

Celebración do Tricentenario de San Xoán Bautista para celebrar os 300 anos de La Salle no mundo

Ticentenario San Juan Bautista De La Salle A familia lasaliana de Santiago de Compostela, formada por familias, alumnado e educadores dos colexios La Inmaculada e La Salle celebramos hoxe, 14 de maio, ás 10.30 na praza da Quintana unha gran xuntanza de lembranza conmemorando o Tricentenario do pasamento do noso fundador, San Xoán Bautista de La Salle. A celebración coincidiu con actos similares noutras cidades de España.

Os directores de ambos centros, Dna. Irma García e o Ir. Jesús Martín deron a benvida ao evento cunhas palabras de apertura. A continuación os propios rapaces e rapazas, representados por Inés e Andrés, contaron a historia do "Juamba", o patrón dos educadores cristiáns do todo mundo, a través dun conto, mentres outros nenos e nenas debuxaban unha estrela e un “300” cos seus propios corpos e camisetas de cores.

Para rematar todos xuntos interpretamos a canción conmemorativa “Un corazón, un compromiso, una vida”, nas principais linguas do mundo onde se atopan centros La Salle.

Os centros La Salle de España e Portugal están a celebrar durante este ano 2019 os 300 anos do pasamento do San Xoán Bautista de La Salle, quen a finais do século XVII, se asociou cuns mestres para manter escolas dedicadas aos nenos pobres. Con eles fundou o Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás. La Salle é unha institución educativa baseada nos valores humanos e cristiáns cunha presenza mundial: máis de 1.000.000 de alumnos en 80 países ocupan as súas aulas e espazos dedicados á educación de nenos e mozas. En España e Portugal, 120 obras educativas formais e non formais atenden uns 100.000 alumnos xunto a máis de 6.000 educadores. A misión de La Salle segue sendo mirar a realidade, deixándose impresionar e traballar para dar, desde a educación, a mellor das respostas aos que máis o necesitan en calquera parte do mundo, intentando construír unha sociedade máis xusta e solidaria, adaptándose ás distintas realidades dos lugares ata os que chega desde a responsabilidade, a creatividade, a xustiza, a convivencia, a interioridade e a trascendencia. Para iso conta cun equipo de profesionais competentes enfocados na mellora continua e a innovación.

 

Verán Salle Xove 2019

Verán Salle Xove - Bujedo e Finisterre 2019

Summer Camp 2019

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"