Noticias do colexio

Visítanos "Fuego", un canciño do Refuxio de Bando

O pasado xoves 14, os nenos e nenas de 4 anos de Educación Infantil, recibimos unha visita moi especial, visitounos "Fuego", un canciño que vive no refuxio de Bando xunto con moitos amigos mais.

Veu acompañado por dúas voluntarias que traballan neste lugar de Santiago, no que se acollen animais abandonados esperando una familia de acollida, en adopción ou que os apadriñen. 

Falamos da importancia de ser responsables cando temos unha mascota, debemos: coidala, sacala de paseo, darlle de comer, xogar con ela... e non esquecernos de que isto temos que facelo todos os días. Fuego deixouse agarimar por todos nós cun gran sorriso meneando o rabo. 

Moitas grazas ao refuxio e a todas as persoas que colaboran de forma voluntaria nel. Esperamos que eses 250 animais que viven alí, atopen pronto unha familia.

Visita de "Fuego" do refuxio de Bando
 

 

Plataforma Educativa


Acceso á Plataforma Educativa:

Acceso a Sallenet



Este sitio utiliza cookies técnicas y de rendimiento. Pulse el enlace "Política de cookies" para acceder a información detallada sobre nuestras cookies"