Servizos Colexiais

Biblioteca-Centro de Recursos Ir. Fernando Diéguez

A Biblioteca-Centro de Recursos Ir. Fernando Diéguez dispón de catro espacios:

  • Sala de estudo: está dotada de 40 postos de traballo. Os alumnos poden consultar os libros e enciclopedias de que se dispón.
  • Espacio para ordenadores: hai 6 ordenadores con conexión a internet, ademais de dous portátiles para uso dos alumnos de 3º da ESO en adiante. Todas as salas dispoñen de conexión a internet sen fíos (WiFi) para ordenadores portátiles.
  • Sala de lectura-relax: ten capacidade para 35 persoas.
  • Salas de traballo en grupo: son tres salas con TV ,Video e DVD. Teñen unha capacidade entre 6 e 8 persoas cada unha.

Para poder usar as salas de traballo en grupo e os ordenadores con seguridade e que non estean ocupadas convén reservalas con antelación na recepción da Biblioteca.

Permanece aberta en horario de 8:00 a 9:30 h e de 14:30 a 19:30 h.

Entre as 14:00 e as 15:30/16:00 h. os alumnos de primaria e secundaria que fagan uso do servizo de comedor, terán prioridade no uso das salas da biblioteca para poder facer traballos ou deberes.

A coordinadora deste servizo é a Sra. Sonia Vega.

O contido dos libros é variado e adaptado a todas as idades. Aventuras, humor, investigación, novela histórica, ciencia ficción, misterio, fantasía, mundo animal e vexetal, consulta, poesía, cómics e libros en inglés configuran o núcleo central do temario dos libros.

A través da lectura, ademais de divertirse, aprender, pasar uns momentos agradables, vivir e imaxinar aventuras... preténdense inculcar valores como a paz, a solidariedade, a amizade, o altruísmo, a tolerancia, o compañeirismo... que aos poucos van calando nos nosos alumnos de cara a unha educación integral da persoa.

 Información da Biblioteca en formato PDF