Servizos Colexiais

Comedor Escolar

A empresa que atende este servizo é Seresca e todas as comidas se realizan nas cociñas do mesmo colexio (non é catering). O servizo de comedor funciona desde o principio do curso ata o mes de xuño, inclusive.

O servizo de COMEDOR ESCOLAR comeza o día 12 de setembro ata o 23 de xuño. (Curso 2016-2017)

Poderán usar o comedor todos os alumnos que o soliciten, mensualmente ou por días soltos.

Os alumnos que fagan uso deste servizo non poderán sair do colexio sen unha autorización previa da familia.

Para solicitar dieta alimenticia é necesario un informe médico cos datos concretos do alumno e entregalo ao responsable do comedor, titor/a ou xefatura de estudos.

O menú entrégase mensualmente ás familias e está a disposición no taboleiro de anuncios da recepción do Colexio e neste páxina web.

Para as familias que participen no comedor, por días soltos, teñen que solicitalo antes das 10:00 h. por teléfono á recepción colexial ou polo propio alumno/a antes das 12:00 h.

Máis información/inscripción de Servizos Colexiais