Servizos Colexiais

Dpto. Orientación, Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica

A finalidade do Departamento de Orientación é a de facilitar o desenvolvemento integral das persoas. Para isto o departamento deseña un programa sistemático dirixido aos diferentes grupos de persoas que integran a comunidade educativa. Son parte deste programa os plans que o departamento elabora en colaboración cos titores: Plan de Orientación Académica e Profesional, Plan Atención á Diversidade e o Plan de Acción Titorial.

Son membros do Departamento de Orientación os Orientadores Juan Manuel Pérez e Enalia Álvarez, a Profesora de Pedagoxía Terapéutica Lidia MuñizAna I. López a Profesora de Audición e Linguaxe María Montero. Forman, tamén, parte do equipo os membros da Dirección Colexial.

No ámbito da atención á diversidade é labor central do departamento detectar cedo os posibles problemas de aprendizaxe dos alumnos e axudalos a superalos, para isto realízanse probas grupais e individuais (capacidades, personalidade, preferencias, relacións sociais, niveis de competencia curricular... ) en varios cursos e acórdanse as medidas de corrección nas reunións que o departamento celebra con periodicidade semanal.
No ámbito vocacional, as funcións máis relevantes teñen que ver coa información e o asesoramento, para os grupos pero tamén persoalmente, a todos os alumnos no que ten que ver coas sucesivas tomas de decisións educativas e profesionais.
    
No ámbito titorial o departamento coordina o equilibrio entre os distintos eixes vertebradores das temáticas de traballo grupal. Busca cos profesores a boa integración dos alumnos no centro educativo. Asegura a fluidez do intercambio de información entre os profesionais alleos que poidan estar traballando con algún alumno e o propio centro. Promove a relación familia-escola colaborando coas familias tanto a nivel xeral, dinamizando a formación de pais, como individualmente, concertando entrevistas coas familias para aconsellar liñas de acción para os seus fillos.

Con respecto ao centro como conxunto, o Departamento de Orientación colabora en todo o relacionado coa evolución da propia institución: innovacións educativas, formación do profesorado e revisións dos distintos documentos de centro.

Proxecto do Departamento de Orientación 2010-2011