Servizos Colexiais

Residencia de Estudantes de Bacharelato – La Salle

  • Residencia mixta
  • Ambiente familiar
  • Habitación individual con baño completo
  • Ordenadores e Internet
  • Espazos e instalacións adecuados para o estudo e a convivencia
  • Medios humanos e tecnolóxicos que facilitan o estudo e a aprendizaxe
  • Aprendizaxe que serve para valerse por si mesmos na vida familiar e social

¿Por qué é boa unha residencia de estudantes?

O seu rendemento académico pode ser maior, porque dispoñen de profesores que tutelan o seu estudo diario, axudándolles a incrementar a súa concentración e a aproveitar mellor o tempo.

Aínda que dispoñen de suficientes tempos de recreo e esparcemento, teñen unha vida e un horario den estruturado, que tamén favorece a súa madurez persoal. Levantarse, comer, estudar, divertirse, deitarse, etc, a horas fixas, crea neles hábitos positivos que os fan medrar como persoas.

A convivencia con outros compañeiros enriquéceos enormemente e desenvolve neles moitos valores, así como auténticas amizades, que en ocasións durarán toda a vida.

Con facilidade, estes alumnos maduran máis rapidamente. Ter que valerse por si mesmos, e ter que encargarse dalgunha responsabilidade, fai medrar neles a capacidade de solidariedade, de esforzo e responsabilidade. En definitiva, axúdalles a medrar nunha sá autonomía.

Esa mesma pluralidade e riqueza de mozos esixe deles o respecto e a tolerancia que na actualidade son tan necesarios.

Ofrece un proxecto educativo actual e de calidade. Ofrece unha sólida formación académica, pero sobre todo unha formación que fomenta valores; ofrece un lugar no que se goza dun ambiente san onde o deporte e a amizade son importantes. Un espazo onde o alumno é educado como persoa e non desatendido pola masificación.

En definitiva, un colexio que fai madurar en todas as súas dimensións (física, intelectual, psicolóxica, moral, relixiosa, deportiva…), e que potencia o mellor de cada un.

A residencia de estudantes é un servizo máis que o Colexio ofrece ás familias.

Ao ser admitido na residencia, a familia e o alumno comprométense por escrito a cumprir as normas da mesma, a participar correctamente nas actividades que se desenvolven, a aproveitar e non molestar nos estudos, a tratar con educación e respecto aos demais. Calquera incumprimento deste compromiso implicará o abandono do servizo da residencia.

A modalidade da residencia é de luns a venres.

Normas e actitudes a ter en conta na Residencia

  • Respectar a todas as persoas
  • Respectar o horario
  • Respectar e coidar o mobiliario
  • Arranxar a habitación todos os días
  • Ser puntual ás clases, comidas, deportes, estudo…
  • Coidar a linguaxe e a educación á hora de falar e comportarse
  • Non se pode entrar na habitación doutro interno
  • Gardar silencio na zona de habitacións