Servizos Colexiais

Servizo médico

Por motivos de seguridade, no colexio temos indicación médica de non administrar medicinas aos alumnos.

Se un alumno sofre lesións leves en horario escolar, o persoal de recepción e os profesores de Primaria encárganse de facer as curas necesarias na caixa de urxencias de colexio.

Se as lesións son de maior envergadura ou existen dúbidas sobre a súa importancia, desde o colexio chamamos á familia para informala do accidente e comunicarlle o centro sanitario ao que se vai trasladar o seu fillo.

Se os alumnos pertencen ás seccións de Infantil, Primaria e 1º ou 2º de Secundaria, serán atendidos pola mutua no Centro Médico "La Rosaleda". Os alumnos a partir de 3º de Secundaria recibirán asistencia sanitaria no servizo de urxencias do Hospital Clínico.

É moi importante que cando un alumno teña molestias ou sufra algún golpe dentro do horario escolar, informe ao profesor correspondente do sucedido nese mesmo momento, para que o colexio expida o parte de accidentes correspondente.


Seguro escolar

O seguro escolar cobre os accidentes que sofren os alumnos con ocasión de actividades directa ou indirectamente relacionadas coa súa condición de estudantes, sempre que sexan organizadas ou autorizadas polo colexio. Para viaxes internacionais, tales como os intercambios, o colexio subscribe unha póliza especial.

A protección do seguro escolar cobre a asistencia médica ata que o estudante poida incorporarse aos estudos, cun período máximo dun ano. Inclúe o internamento en hospital e a intervención cirúrxica.